Archive for the 'Noticias' Category

Mesa redonda – O PXOM de Nigrán – Peche das xornadas

SÁBADO 24 MARZO ÁS 19,00 H. no COLEXIO H. JUANES (VILAMEÁN)

Este, que será o quinto e derradeiro día destas Xornadas de Urbanismo, estará dedicado ó Plan Xeral de Nigrán, e consistirá nunha mesa redonda da que formarán parte os seguintes convidados:

Manuel V. Sola
Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, é actualmente xornalista de economía de El País. En 2006 publicou unha serie de sete reportaxes sobre o urbanismo na costa galega.

Mauricio Ruíz Ceniceros
Asesor xurídico da Comisión de Planeamento e de Medio Ambiente do Colexio Oficial de Arquitectos de Vigo.

Juán Hermida Lago
Representante e voceiro do movemento veciñal de Nigrán.

Eulogio Abeleira
Delineante superior proyectista. Foi decano do colexio de Delineantes. Pertenceu ó consello de Delieantes de Galicia. Actualmente é secretario da AVV “grupo opinión” de A Guarda.

Os colectivos organizadores das Xornadas de Urbanismo de Nigrán queremos agradecer a gran acollida dispensada a estes actos e a animada e activa participación nos coloquios e debates, proba do interese e preocupación que estes temas espertan na cidadanía.

Galicia: A ruptura dunha cultura do territorio, con Pedro de Llano

Este XOVES 22 MARZO ÁS 20,00 no COLEXIO H. JUANES (VILAMEÁN) celebrarase a cuarta Xornada que contará coa presencia do arquitecto Pedro de Llano Cabado que versará a súa intervención sobre:  Galicia: A ruptura dunha cultura do territorio.

Cando non hai máis de medio século Galicia contaba cunha paisaxe homoxénea e respectada, comezou un camiño de crecente e tolerada destrución. Desde entón, a evolución da nosa arquitectura do territorio viviu un caótico proceso destrutivo marcado por unha groseira actitude especulativa, controlado só por unhas inoperantes e conservadoras leis e documentos urbanísticos.
Resulta, pois, imprescindible poñer en crise ese marco legal e repensar o futuro da nosa realidade espacial introducindo unha nova visión da organización do territorio galego, considerado no seu conxunto, que nos permita elaborar modelos conceptuais de intervención que posibiliten o seu desenvolvemento, ao tempo que salvagardan a súa particular personalidade.

Continue a ler ‘Galicia: A ruptura dunha cultura do territorio, con Pedro de Llano’

A ordenación do territorio. Os espazos naturais e o patrimonio.

O sábado 17 marzo ás 7 da tarde no colexio H. Juanes Vilameán, terá lugar o terceiro acto das Xornadas de Urbanismo de Nigrán có tema A ordenación do territorio. Os espazos naturais e o patrimonio.

 As xornadas de urbanismo de Nigrán continúan co seu programa este sábado contado coa intervención de Adela Figueroa, Fernando Lauerta, Xabier Groba e Xose Lois Vilar.

O éxito de participación nas anteriores xornadas, cun salón de actos cheo con preto de 150 persoas é un logro de participación para un acto cidadá como as xornadas.

As tertulias xeras ao redor da temática da xornada, está sendo moi ben acollido polos veciños e veciñas do Val Miñor que se achegan ata o colexio de Vilameán para escoitar outros puntos de vista sobre a xestión do urbanismo no municipio.

Os colectivos organizadores estamos seguros que esta nova xornada será aínda máis atractiva para o público participante xa que darán mostra da riqueza patrimonial, natural, cultural e paixaxística do Val Miñor, e os perigos que padece ou pode padecer por culpa dunha mala xestión do urbanismo.

Continue a ler ‘A ordenación do territorio. Os espazos naturais e o patrimonio.’

Aspectos legais da xestión do solo con Lisardo Núñez Pardo, abodago urbanista.

Lisardo Núñez Pardo VeraO sábado 10 marzo ás 7 da tarde no colexio público H. Juanes de Vilameán (Nigrán) xornada sobre os “Aspectos legais da xestión do solo” co abogado Lisardo Núñez Pardo Vera.

Lisardo Núñez Pardo de Vera é Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. Realizou cursos de Técnico Inmobiliario; de Dereito Internacional Humanitario; de Aspectos Urbanísticos do Turismo. Participou en Xornadas de Cultura Europea, de Investigación e Innovación Educativa, e na Semana de Medio Ambiente da Universidade de Santiago.
Dicta varios cursos sobre a Lei de Protección de Datos e realiza traballos de xestión do solo. Continue a ler ‘Aspectos legais da xestión do solo con Lisardo Núñez Pardo, abodago urbanista.’

Nigrán no Val Miñor e nas perspectivas económicas da área metropolitana de Vigo.

Sábado 3 de marzo ás 7 da tarde xornada con Xose Manuel Souto González
Nigrán no Val Miñor e nas perspectivas económicas da área metropolitana de Vigo.

Na súa intervención, Xose Manuel Souto fará un estudo histórico de Nigrán no conxunto do Val Miñor para explicar cómo se constrúe a identidade local nun mundo globalizado. As transformacións recentes poden rachar cos símbolos que identifican un territorio e, polo mesmo, quedar nunha situación de febleza nun mundo que se move na teoría do marketing territorial. Así cobra protagonismo a construción do espazo público e o mantemento do ambiente ecolóxico.

Continue a ler ‘Nigrán no Val Miñor e nas perspectivas económicas da área metropolitana de Vigo.’

Xornadas de Urbanimo de Nigrán

Presentación das XornadasVarias asociacións e colectivos do Val Miñor, organizamos as primeiras Xornadas de Urbanismo de Nigrán co obxetivo de que o veciños e veciñas da comarca continúen o debate necesario sobre o seu futuro; debate que comezou hai xa algún tempo e que nesta altura queremos avivar.

As xornadas celebraranse todos os sábados do mes de Marzo ás 19:00h, a máis dunha charla o xoves 22 ás 20:00h co arquitecto Pedro de Llano.

Dado que o concello de Nigrán non dispón de ningún auditorio nin sala pública para a realización das xornadas, as charlas celebraranse nunha aula do colexio público H. Juanes de Vilameán (Nigrán). Así mesmo porque para este lugar e o seu contorno lle tiñan reservado un destino que o pobo de Nigrán non aceptou nin vai aceptar nunca: xa que este é un terreo de dominio público que non pode entrar como moeda de cambio en ningún “cambalache” inmobiliario para beneficio particular. Non o consentiremos.

Continue a ler ‘Xornadas de Urbanimo de Nigrán’

O parque inmobiliario do Val Miñor crece o dobre de rápido que o seu censo

La Voz de Galicia – En cinco anos a poboación aumentou un 11% mentres a oferta de vivendas facíao un 23%. Soamente Baiona líbrase dos escándalos urbanísticos que salpican a súa contorna

Na comarca dos escándalos urbanísticos, as vivendas reprodúcense o dobre de rápido que as persoas. Dino os datos do Colexio de Arquitectos de Galicia e dos municipios de Nigrán, Gondomar e Baiona, que revelan que entre o ano 2000 e o 2005 os tres municipios do Val Miñor incrementaron un 11% o seu censo e un 23% o seu parque de vivendas. Continue a ler ‘O parque inmobiliario do Val Miñor crece o dobre de rápido que o seu censo’