Archive for the 'Escritos das AA.VV' Category

Reunicón informativa cos imputados e imputadas do 2 xuño.

Todas as Asociacións Veciñais do concello de Nigrán, “Outeiro” de Parada, “A Irmandade” de Priegue, “O Castro” de Chandebrito, “Monteferro” de Panxón, “Areas Brancas, Seixos Negros e Portocelo” de Monteferro, “A Camoesa” de Camos, “Dunas” de Nigrán, “A Unión” de San Pedro, e o colectivo “Salvemos Monteferro” de Nigrán, a raíz das citacións xudiciais que un numeroso grupo de veciños está a recibir polo sucedido no Concello de Nigrán o 2 de xuño de 2006, convocan a todas as persoas citadas a unha reunión que terá lugar na casa de cultura de Camos, mañá martes, 10 de abril, ás 21:00.
Asimismo aproveitan para manifestar a súa SOLIEDARIEDADE con todos os veciños imputados e expresar a súa REPULSA pola imputación destes cidadáns e cidadás polo ocurrido no Concello de Nigrán o 2 de xuño de 2006 debido á protesta xerada como resposta ó xeito no que se pretendía aprovar o PXOM no Pleno ordinario dese mesmo día.

Anúncios

Resposta ó Alcalde das AA.VV. “A Irmandade”, “Dunas”, “Seixos Negros…” ás gravísimas acusacións feitas sobre elas

Estupefactos quedamos ó abrir os periódicos e ver, nalgúns deles a toda páxina, unha “declaración oficial do Alcalde de Nigrán” como se fose a mensaxe da S.A.R. no Nadal, e a esperpéntica acción de quen chora a financiación para que os veciños poidan traballar polo interés xeral e gasta en dous días case 15.000 euros entre pleno Extraordinario e Urxente e anuncios no periódico. Pero non queremos centrar a atención neste particular, outros o farán…   Continue a ler ‘Resposta ó Alcalde das AA.VV. “A Irmandade”, “Dunas”, “Seixos Negros…” ás gravísimas acusacións feitas sobre elas’

Sonlicitude de consideracións para o próximo pleno sobre o PXOM

As Asociación de Veciños abaixo asinantes

EXPOÑEN

O 2 de xuño de 2006 someteuse ó Pleno a aprobación inicial do documento do PXOM. Debido ás protestas veciñais que rexeitaban o documento do PXOM e á consecuente división entre os políticos do equipo de goberno, o documento do PXOM non foi aprobado inicialmente.

O amplo coñecemento que a maioría dos cidadáns acadaron acerca do documento do PXOM non aprobado xerou un fundamentado e rotundo rexeitamento tal e como manifestou unha gran maioría da cidadanía de Nigrán na histórica manifestación do 17 de xuño. Por outra banda as sospeitas sobre presuntos actos delictivos durante a elaboración do documento do PXOM levaron ás Asociacións de Veciños do Concello de Nigrán a instar á Fiscalía de Urbanismo a investigar estes presuntos delitos, investigación que segue en curso a día de hoxe. Continue a ler ‘Sonlicitude de consideracións para o próximo pleno sobre o PXOM’

Comunicado lido na manifestación do 17 Xuño diante do Concello de Nigrán

logo PXOMVeciños e veciñas, amigas e amigos:

As AA VV estamos agradecidas por esta expresión pública e libre de rexeitamento deste Plan Xeral que se pretendía aprobar o pasado venres 2 de xuño. Sentímonos apoiados por todos e cada un de vós para seguir reclamando o que nos corresponde.

Hoxe, 15 días despois de daquela revolta que espallou o nome de Nigrán arredor do mundo, moitas cousas cambiaron. Saíu á luz moita inmundicia e os lobos xa empezaron a pelexar entre eles a dentadas.
Continue a ler ‘Comunicado lido na manifestación do 17 Xuño diante do Concello de Nigrán’

Rexeitamento ao PXOM antes da aprobación inicial

Rexeitamento ao PXOM antes da aprobación inicial

Pulse na imaxe para ampliar.