Galicia: A ruptura dunha cultura do territorio, con Pedro de Llano

Este XOVES 22 MARZO ÁS 20,00 no COLEXIO H. JUANES (VILAMEÁN) celebrarase a cuarta Xornada que contará coa presencia do arquitecto Pedro de Llano Cabado que versará a súa intervención sobre:  Galicia: A ruptura dunha cultura do territorio.

Cando non hai máis de medio século Galicia contaba cunha paisaxe homoxénea e respectada, comezou un camiño de crecente e tolerada destrución. Desde entón, a evolución da nosa arquitectura do territorio viviu un caótico proceso destrutivo marcado por unha groseira actitude especulativa, controlado só por unhas inoperantes e conservadoras leis e documentos urbanísticos.
Resulta, pois, imprescindible poñer en crise ese marco legal e repensar o futuro da nosa realidade espacial introducindo unha nova visión da organización do territorio galego, considerado no seu conxunto, que nos permita elaborar modelos conceptuais de intervención que posibiliten o seu desenvolvemento, ao tempo que salvagardan a súa particular personalidade.

Pedro de Llano Cabado

Arquitecto en exercicio e profesor na ETS de Arquitectura da Coruña. Colabora en revistas de arquitectura e noutras como Luzes de Galicia, Grial ou Tempos Novos. É autor de obras como “Arquitectura Popular en Galicia. Razón e construción” e outras sobre Álvaro Siza, Alejandro de la Sota, Le Corbusier ou Carlos Maside, así como sobre arquitectura holandesa ou sobre o Piornedo.
Por algunhas destas obras fóronlle concedidos premios como o da Crítica Galicia de Ensaio, o da Crítica Galicia de Ciencias e Artes da Comunicación ou o VII Premio do COAG. 

Anúncios

0 Responses to “Galicia: A ruptura dunha cultura do territorio, con Pedro de Llano”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: