Xornadas de Urbanimo de Nigrán

Presentación das XornadasVarias asociacións e colectivos do Val Miñor, organizamos as primeiras Xornadas de Urbanismo de Nigrán co obxetivo de que o veciños e veciñas da comarca continúen o debate necesario sobre o seu futuro; debate que comezou hai xa algún tempo e que nesta altura queremos avivar.

As xornadas celebraranse todos os sábados do mes de Marzo ás 19:00h, a máis dunha charla o xoves 22 ás 20:00h co arquitecto Pedro de Llano.

Dado que o concello de Nigrán non dispón de ningún auditorio nin sala pública para a realización das xornadas, as charlas celebraranse nunha aula do colexio público H. Juanes de Vilameán (Nigrán). Así mesmo porque para este lugar e o seu contorno lle tiñan reservado un destino que o pobo de Nigrán non aceptou nin vai aceptar nunca: xa que este é un terreo de dominio público que non pode entrar como moeda de cambio en ningún “cambalache” inmobiliario para beneficio particular. Non o consentiremos.

Cando falamos de urbanismo, falamos de como os habitantes de Nigrán queremos organizar o noso territorio, en función dunhas perspectivas de desenvolvemento socioeconómico, dunhas previsións de crecemento da poboación, e respectando sempre os intereses das persoas que aquí vivimos ou que aquí veñan a vivir. Queremos que as xeracións máis novas continúen vivindo aquí, e que non se vexan obrigadas a emigrar porque os pisos e casas sexan de acceso economicamente imposible para a nosa xente.

Pensamos que este é o criterio a ter en conta cando falemos de planeamento: o respecto pola dignidade e pola identidade das nosas parroquias, o respecto polo noso patrimonio natural e polo noso patrimonio histórico e cultural.

Calquera estudo arquitectónico ou urbanístico – o deseño dun novo Plan Xeral de Ordeación Municipal para Nigrán – deberá antepoñer o interese xeral ao interese particular, o interese da maioría dos veciños e das veciños de Nigrán fronte a intereses especulativos ou de enriquecemento rápido de catro “espabilados”.

Para axudarnos a pensar e a tomar decisións traemos a estas xornadas a profesionais no campo da arquitectura, dereito, historia, economía e medio ambiente; para que nos expoñan as súas ideas sobre un urbanismo harmónico e saudable, que facilite e faga máis e agradable a nosa vida.

O planeamento de Nigrán deberá ser elaborado por todas e por todos nun proceso democrático e transparente. Sirvan estas Xornadas como elemento de reflexión por un Nigrán mellor, nun Val Miñor máis acolledor e saudable.

Organizan e patrocinan.
A.VV A Irmandade de Priegue
A. VV Dunas de Nigrán
Clube Espeleolóxico Maúxo
Instituto de Estudos Miñoranos
Plataforma Nunca Máis Val Miñor
Plataforma ecoloxista Salvemos Monteferro
Portal de información Valminor.info

 Logotipos patrocinadores

Anúncios

0 Responses to “Xornadas de Urbanimo de Nigrán”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: