Nigrán no Val Miñor e nas perspectivas económicas da área metropolitana de Vigo.

Sábado 3 de marzo ás 7 da tarde xornada con Xose Manuel Souto González
Nigrán no Val Miñor e nas perspectivas económicas da área metropolitana de Vigo.

Na súa intervención, Xose Manuel Souto fará un estudo histórico de Nigrán no conxunto do Val Miñor para explicar cómo se constrúe a identidade local nun mundo globalizado. As transformacións recentes poden rachar cos símbolos que identifican un territorio e, polo mesmo, quedar nunha situación de febleza nun mundo que se move na teoría do marketing territorial. Así cobra protagonismo a construción do espazo público e o mantemento do ambiente ecolóxico.

Contido da charla:

1. Características do Val Miñor como comarca que se move entre as transformacións rurais e as innovación urbanas.
2. Estrutura económica de Nigrán no conxunto económico da área metropolitana de Vigo.
3. Características ambientais do Val Miñor
4. Evolución da construción e das actividades da poboación en Nigrán e área de Vigo.
5. Perspectivas económicas para o crecemento económico e para a construción do espazo público

Xose Manuel Souto González 

Participou na redacción de paneis de ordenación municipal en concellos de Galicia e en paneis estratéxicos (Vigo, Eixo Atlántico.)
Participou en debates da Universidade de Verán de Europa, en coloquios sobre Cultura galega, nos Congresos da Unión Xeográfica Internacional e nos que organiza a Asociación de Xeógrafos Españoles, presentando diversas ponencias.

As súas publicacións céntranse na difusión da cultura territorial de Galicia: Vigo: cen anos de historia urbana; Val Miñor : entre as transformacións rurais e as innovacións urbanas e na didáctica da xeografía e da creación dun espazo público educativo.

Maís información sobre Xose Manuel Souto http://www.ub.es/geocrit/souto.htm

Anúncios

0 Responses to “Nigrán no Val Miñor e nas perspectivas económicas da área metropolitana de Vigo.”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: