O parque inmobiliario do Val Miñor crece o dobre de rápido que o seu censo

La Voz de Galicia – En cinco anos a poboación aumentou un 11% mentres a oferta de vivendas facíao un 23%. Soamente Baiona líbrase dos escándalos urbanísticos que salpican a súa contorna

Na comarca dos escándalos urbanísticos, as vivendas reprodúcense o dobre de rápido que as persoas. Dino os datos do Colexio de Arquitectos de Galicia e dos municipios de Nigrán, Gondomar e Baiona, que revelan que entre o ano 2000 e o 2005 os tres municipios do Val Miñor incrementaron un 11% o seu censo e un 23% o seu parque de vivendas.

Mentres o número de residentes pasaba de 37.055 a 41.487 (4.432 máis), a oferta de pisos disparábase desde os 20.207 que había no ano 2000 aos 24.926 cos que contaban os tres municipios cando o calendario chegou ao 2006. Todo grazas á frenética actividade do sector da construción do Val Miñor, que foi capaz de levantar máis de 4.700 vivendas nunha zona cuxa poboación crece menos dun 2% ao ano.

Pero para as construtoras non foi a demografía o maior obstáculo, senón a infinidade de balbordos urbanísticos que sobresaltaron á comarca nos últimos anos. Ao que fai uns meses afundiu o plan xeral de Nigrán e, con el, ao alcalde Alfredo Rodríguez (PP) seguiu o que ten en xaque ao goberno de Carlos Silva (PP), tras o suposto cobro de comisións a construtores por parte de dous dos seus concelleiros.

Non é este o primeiro episodio turbio que vive Gondomar en relación co seu urbanismo. En realidade, esta localidade de case 13.000 veciños situada a escasos vinte minutos de Vigo leva anos encharcada en litixios relacionados coa promoción inmobiliaria. O máis grave deles deixou ao municipio sen plan xeral. Foi no 2001, como consecuencia dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ratificada polo Supremo no 2005. Desde entón todo foron problemas, que non impediron ao municipio incrementar un 25% o seu parque de vivendas. ás 4.482 que tiña sumáronse nun lustro máis de 1.100.

A pesar de todo, houbo quen os superou. Non hai que ir moi lonxe para atopar exemplos, porque nos outros dous municipios da comarca a febre edificadora foi ata máis virulenta que en Gondomar. O caso máis reseñable é sen dúbida o de Baiona. A pesar de que é de momento o único concello de Val Miñor que non ten a parte do seu goberno actual ante un tribunal, a localidade loce un mercado inmobiliario preñado de contradicións.

Nel, a sobreoferta de pisos -1.936 novos en cinco anos- non basta para frear o desbocado prezo do metro cadrado de fogar, e apenas queda reflectida no crecemento demográfico dun municipio turístico que atraeu a un milleiro de novos veciños nun lustro.

As fortunas do fútbol

E mentres en Baiona a mancha de ladrillo crecía un 30%, Nigrán convertíase no paraíso dos investidores inmobiliarios. Polo territorio de Alfredo Rodríguez, ex director xeneral do Celta e actual alcalde, merodearon nos últimos meses ilustres directivos de clubs como o propio equipo vigués e o Real Madrid, á caza de terreos que un futuro plan xeral ía converter en ouro. A reordenación urbanística frustrouse o pasado ano despois de que os veciños atacasen a casa consistorial de Nigrán, pero no tempo no que se redactaba o plan as construtoras edificaron e venderon no municipio 1.676 pisos.

Anúncios

0 Responses to “O parque inmobiliario do Val Miñor crece o dobre de rápido que o seu censo”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: