A comparsa “O pelotazo” no entroido de Nigrán

A policía local de Nigrán, tentou impedir a machar da comparsa “o pelotazo” en Nigrán.
O entroido, como festa da sátira e da crítica que son, non deixou este fin de semán atrás o tema candente do urbanismo. Tanto en Nigrán como en Gondomar comparsas e veciños disfrazáronse seguindo a temática de actualidade na comrca nos útlimos meses, repartindo fotocopias de billetes  entre os presentas.
Uns trinta veciños de Nigrán e Priegue xuntáronse a tarde do sábado nunha comparsa independente fora de concurso, satirizando o urbanismo en Nigrán. A comparsa “O pelotazo” saiu ás 16:00 horas do recinto das Angustiás de Nigrán desfilando ate o concello para logo seguir a sua marcha ata as pistas de Gaifar en Panxón.Ataviados de caixas de carton simbolizando unha urbanización de edificios e con caretas con fotografías da actual equipo de goberno.

As súas costas lebaban carteis onde se podía leer “Supermercado o PXOM, temos chorizos ricos, ricos, riquísimos”, “este PXOM non é para Nigrán” e con maletas cheas de billetes desbordantes.
Nun ambente de festa e respeto propios da sátira do entroido a comparsa dirixiu a sua andaina a golpe de música galega, cara as pistas de Gaifar onde se reuniá a cola das comparsas do concurso e donde estaban varios dos membros da corporación retratados.

Incidentes na marcha

O primeiro incidente o tivo a comparsa “o pelotazo” á altura do concello de Nigrán onde se atoparon de fronte ao concellal  de Economía,  tráfico se Seguridade, Jose Augusto ataviado de motorista montado e montado nun Quad.

A comparsa ondeu as bandeiriñas e pasou diante do concellal o cal proferiu insultos aos membros da comparsa oa mirar as caretas dos disfrazados, entre elas a del. Segundo informaron varios veciños as palabras de Jose Augusto foron “Hijos de puta, había que meteros las banderas por el culo, os voy a atropellar a todos,…payasos“.
Palabras que todos entendemos non son dignas dun representante local que non deixa de ser unha personaxe público e se expón a calquer crítica e máxime no entroido, sempre que sexa dende o respeto.

A policía local de Nigrán tentou impedir a marcha da comparsa “o Pelotazo” por non estár inscrita no concurso.
O portavoz dos participantes insistiu que a comparsa non pretendía participar no concurso que que asistía en calidade de comparsa libre, fóra do concurso.

A prensa captou imaxes do momento da discusión coa policía local e despois de varias conversas accederon a deixar participar a comparsa, desfilando detrás da útlima comparsa do concurso.

Anúncios

0 Responses to “A comparsa “O pelotazo” no entroido de Nigrán”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: