Alfredo Rodríguez non acudirá aos próximos comicios municipais

Alfredo Rodriguez MillarésA presión social exercida ao redor do conflicto urbanístico en Nigrán e a denuncia penal presentada pola fiscalía por un presunto delito de “tráfico de influenzas” apuntan a ser os motivos máis plausibles da renuncia do actual rexedor do concello de Nigrán.

Alfredo Rodríguez anunciou o pasado venres que non se presentará como próximo candidato ás eleccións municipais arduindo un acto “de responsabilidade política cara aos seu partido”.

A denuncia penal contra o rexidor e os cinco edís de Nigrán presentada pola Fiscalía está recollida en case 800 folios. O fiscal de Ordenación do Territorio adscrito a Vigo concluíu coa xudicialización do caso o seu traballo neste caso, que recaeu xa noutro fiscal de sala dende que o Xulgado de Instrución número 7 fíxose cargo das dilixencias.

Polémica compra de terreos
A Fiscalía iniciou a investigación sobre o urbanismo de Nigrán tres semanas despois de que os veciños impedisen a aprobación do PXOM, ao coñecerse a compra de terreos por parte de determinadas persoas. A denuncia presentouse tras unha longa investigación sobre os movementos económicos dos integrantes do goberno local e das operacións de compra de terreos durante a redacción do PXOM.

Rodríguez, convencido da súa inocencia “nin ou PP nin este alcalde tinga máis interese que ou xeral do pobo de Nigrán”, di tratar de evitar que a campaña vire en torno á súa persoa debido a unha denuncia que coida non se resolverá antes das eleccións. “Porque creo que en política non só hai que ser honrado senón tamén parecelo, quero coa miña renuncia quita calquera sombra de dúbida que puidera haber sobre ou meu interese persoal en ser alcalde”, engade.

Rodríguez descarta así presentar unha lista independente, e abandoar a política activa para dedicarse á súa actividade persoal, o asesoramento de empresas, facendo alusión ao alcalde socialista de Foz “como sucede en casos de alcaldes socialistas, coma o de Foz, onde as irregularidades urbanísticas son reais”.

Alfredo Rodríguez argumenta no seu comunicado marchar habendo cumprido case todos os proxectos que estaban incluídos no seu programa electoral, salvo a aprobación do Plan Xeral, que non puido aprobar “por haberse sido vítima dunha campaña de difamación”.

“Estou seguro de que a xustiza poñerá a cada cal no seu sitio e declararame inocente, polo que quedará clara a campaña política, demagóxica e falsa da que fun obxecto”

Próximo cabeza de lista
Os rumores apuntan a que o próximo cabeza de lista do partido popular será alguen que xa forma parte agora mesmo da corporación municipal. En quince o u vinte días farase público o novo condidato ou candidata a concurrir nas elección municipais.

Reacción veciñal
A reacción veciñal non se fixo esperar. Ante as noticias da rolda de prensa lanzadas dende as radios locais, varios veciños acudiron ao concello para coñecer de primeira man o comunicado do alcalde popular.
O vogal da AVV de Dunas de Nigrán considera que Alfredo Rodríguez debeu dimitir do seu cargo en xuño, despois da manifestación onde máis de 3000 persoas pediron a dimisión del e do seu socio de goberno, Avelino Fernández, tamén imputado no caso de presunta corrupción urbanística.
I é que o desgoberno reinante no concello levanta reaccións nos veciños que aseguran que o goberno actual non está facendo absolutamente ningunha xestión dende xuño de 2006, limitándose a esperar o que acontence de cara ás eleccións.
Unha situación que afecta directamente a todos os veciños e veciñas de Nigrán.

Anúncios

0 Responses to “Alfredo Rodríguez non acudirá aos próximos comicios municipais”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: