O xuíz pide novos informes urbanísticos ao Seprona sobre o Plan Xeral de Nigrán

Alfredo Rodriguez MillarésO titular do Xulgado de Instrución número 7 de Vigo ha dictado dous novos autos no caso da denuncia penal presentada o pasado mes de novembro pola Fiscalía contra o alcalde de Nigrán, Alfredo Rodríguez, e outros cinco edís do municipio durante a redacción das novas normas urbanísticas por suposto tráfico de influencias na tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que se aprazou despois de que un grupo de veciños asaltasen o Concello para impedir a súa aprobación inicial.
Antes de proceder a citar aos imputados para tomarlles declaración -se ha lugar-, o xuíz requiriu dous novos informes técnicos: un ao servizo do Seprona da Garda Civil, e outro ao propio equipo redactor do PXOM, segundo informaron a FARO fontes coñecedoras do caso.
Á Garda Civil encomendóuselle un estudo das leiras afectadas polo plan de ordenación que, segundo o fiscal, “poderían supoñer para os seus adquirentes uns importantes beneficios ao coñecer abusivamente cal sería o tratamento urbanístico das mesmas”. En concreto pídese unha comparativa co seu valor a tenor das normas urbanísticas vigentes en 2001. Entre as operacións de compraventa de terreos investigados, poderían atoparse as realizadas por algúns membros do Consello de Administración do Real Club Celta, entidade deportiva da que foi director xeral o alcalde de Nigrán ata o pasado mes de xuño. O propio presidente do Celta, Carlos Mouriño, e outros conselleiros como Ricardo Barros e Antonio Rosendo, integran sociedades creadas para a promoción inmobiliaria
O segundo dos autos do titular do Xulgado de Instrución número 7 de Vigo, foi dirixido ao propio equipo redactor do PXOM. Entre outras cuestións, o xuíz interésase por se recibiron algún tipo de presión do alcalde ou do goberno de Nigrán.
Unha vez que estes informes estean en poder do xuíz, procederase previsiblemente a citar aos cinco denunciados pola Fiscalía. Ademais do alcalde, Alfredo Rodríguez, os denunciados son Eduardo Misa (PP) e Carlos Quintas, José Comesaña, Antonio Fernández Comesaña e Avelino Fernández. Estes catro últimos concorreron no Partido Independente de Nigrán (PIN).

Anúncios

0 Responses to “O xuíz pide novos informes urbanísticos ao Seprona sobre o Plan Xeral de Nigrán”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: