ADEGA advirte do perigo de inundacións por mor das obras do Porto do Molle

porto_do_mollenigr_n.jpgA Asociación para a Defensa  Ecoloxíca en Galiza (ADEGA) denuncia que as obras de construcción do  polígono industrial de Porto do Molle, e en fase de explanación, está destruindo a última zona húmida- subhúmida e boscosa asociada a ela neste concello. O polígono promovido pola Autoriade Portuaria de Vigo e o Concello de Nigrán afecta a unha zona de grande valor ecolóxico na beira do río Muíños, hábitat de numerosas especies de aves acuáticas.Segundo publica ADEGA, esta zona debido ás súas características físicas, chá e surcada por multiples regatos afluentes do río Muíños, é inundable e asolágase periodicamente coas chuvias, e polo tanto non debera autorizarse a construcción de Polígonos industriais e comerciais, nin outro tipo de urbanización que alterara a sua función natural. 

As inundación en Sabarís puxeron en entredito as actuacións urbanísticas levadas a cabo polo concellos e a administración. A construcción da estrada do litoral que bordea o exterior de Sabarís, pasou a converterse nun enorme dique de contención do curso do río Groba.
Unha mala política de xestión e planeamento que provocou que o río recuperase de novo o seu cauce nos momentos de enchentas, como os rexistrados no mes de outubro por mor das choivas e o lumes do pasado v

Plano de situaciónNo Polígono de Porto do Molle está previsto a construcción de zonas industriais, comerciais e de ocio, o que supón sacrificar un dos últimos espazos naturais do Concello aínda sen urbanizar. 

ADEGA denuncia e advirte que como consecuencia das escorentías da esplanación, o río xa vai cheo de area e terra, como se pode ver na canle e na saída da auga do vello muíño que está río arriba do treito afectado.
 

Dadas estas circunstancias, ADEGA pregúntase canto tardará en haber en Nigrán inundacións e desfeitas nas zonas actualmente urbanizadas, en Praia América e mesmo na autoestrada que atravesa o río e discorre un treito o seu carón. 

Regato entubado e contaminadoADEGA solicita a Autoridade Portuaria ou o Concello dar unha resposta a estes novos perigos.
Con respecto ás recentes declaracións de Emilio Pérez Touriño sobre o urbanismo, apostando por un urbanismo para vivir e non para especular, ADEGA valora positivamente estas propostas, pero falta levalas canto antes á prática. 

Adega denuncia qe hai numerosas leis mediambientais vixentes que se están a incumprir, e que só queda aplicalas para evitar os impactos destas agresivas actuacións. Engade que o brutal recheo que se amosa neste caso é unha mostra da situación de insustentabilidade na xestión do teritorio en Nigrán.

Anúncios

0 Responses to “ADEGA advirte do perigo de inundacións por mor das obras do Porto do Molle”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: