Pumpido adiántalle a Rajoy que non haberá máis operacións en Baleares

O fiscal xeral do Estado, Cándido Conde-Pumpido, mantivo onte unha breve conversación no Congreso co presidente do PP, Mariano Rajoy, durante a que lle adiantou que a Fiscalía Anticorrupción non ten previsto ordenar novas intervencións policiais en concellos de Baleares e que así llo fará saber o vindeiro luns ao presidente das illas, Jaume Matas.

A reunión celebrarase a petición do primeiro, que quere analizar a actuación da Fiscalía Anticorrupción no caso da suposta trama urbanística no Concello mallorquino de Andraitx, cuxo ex alcalde Eugenio Hidalgo e o antigo celador municipal de obras Jaume Gibert atópanse en prisión desde o pasado día 30.
Nunha conversación informal con xornalistas durante a recepción do Día da Constitución, Conde-Pumpido informou do contido da charla que minutos antes mantivera con Rajoy e na que tamén estiveron presentes o secretario xeral do PP, Ángel Acebes, e o portavoz do grupo popular no Congreso, Eduardo Zaplana. Ao parecer, foi Rajoy quen, antes de abandonar o acto, achegouse a Pumpido e ao ministro de Xustiza, Juan Fernando López Aguilar, que nese momento mantiñan unha conversación.

O líder do PP comunicoulles que hoxe ten previsto viaxar a Canarias e preguntoulles, en ton de broma, se podía irse tranquilo. Foi tras este achegamento cando Pumpido lle anunciou que a Fiscalía Anticorrupción non prevé ordenar máis intervencións en consistorios do arquipélago «nin do PP, nin do PSOE nin de Unión Mallorquina», e atribuíu a persoas que queren enrarecer o ambiente os rumores que apuntaban a que onte mesmo ían producirse rexistros noutros cinco concellos.

Anúncios

0 Responses to “Pumpido adiántalle a Rajoy que non haberá máis operacións en Baleares”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: