BNG de Gondomar lanza unha web con información sobre o PXOM

O BNG denuncia que o grupo municipal do Partido Popular entregou a copia do PXOM  “tarde, incompleta e con deficiencias “.
Os nacionalistas solicitaron o 1 de decembro unha nova copia completa do planeamento.

O grupo nacionalista de Gondomar acaba de publicar unha web con información e planos sobre o novo  PXOM de Gondomar.
www.usuarios.lycos.es/pxomgondomar onde se pode consultar os planos de rodenación e a normativa urbanística en formato PDF.

Antonio Arauxo manifesta que despois de agardar catro meses a copia do PXOM, a copia remitida chega tarde e con “deficiencias” polo que os nacionalistas solicitaron novamente unha nova copia completa o pasado 1 de decembro.

O BNG argumenta que o goberno local que preside Carlos Silva “ocultou información e a que facilita resulta escasa” xa que os arquivos que foron remitidos en formato dixital estaban baleiros ou con graves carencias como a falla do documento de Xestión urbanística ou as Fichas de Planeamento; unha información básica para coñecer a edificabilidade, as cesións, as alturas dos chans urbanizables que aparecen con grande profusión no novo PXOM.

O BNG pretende deste xeito facilitar o acceso ao PXOM ,que brindan as novas tecnoloxías, aos Axentes Sociais e os cidadáns en xeral a través da súa web, que irán actualizando coa nova información que saia referente ao PXOM.

Anúncios

0 Responses to “BNG de Gondomar lanza unha web con información sobre o PXOM”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: