O alcalde de Nigrán declarou no xulgado de Vigo como imputado nun suposto delito urbanístico

FotoO alcalde de Nigrán, Alfredo Rodríguez Milleiros, prestou declaración no Xulgado número 7 de Vigo en calidade de imputado por un presunto delito contra a ordenación do territorio, segundo deu onte a coñecer o edil do BNG David Giráldez.

O fiscal especializado en temas urbanísticos, Juan Carlos Aladro Fernández , interpuxo unha denuncia contra o rexedor por un posible abandono de funcións ante as numerosas denuncias que desde o ano 2004 presentou un cidadán pola existencia dunha edificación ilegal situada no termo municipal.

>> Descargar documento – Citacion e denuncia Fiscalía caso Rouxo Priegue

O propietario dunha leira rústica obtivo no 2002 unha licenza para a construción dunha vivenda unifamiliar, que acabou convertendo nunha nave industrial destinada a unha carpintería de aluminio, unha actividade que está prohibida neste tipo de chan nas actuais normas subsidiarias.

O mandatario local terá que ser xulgado por este motivo e, no caso de que chegase a ser condenado, podería ter que responder co seu propio patrimonio.

Anúncios

0 Responses to “O alcalde de Nigrán declarou no xulgado de Vigo como imputado nun suposto delito urbanístico”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: