A xuíza impide a un xornalista de La Voz asistir a un xuízo relativo ao caso Nigrán

A vista celebrábase por unha demanda contra dúas inmobiliarias polo posible cobro de comisións

Negou o dereito á información alegando que as dúas partes estaban de acordo en que non debía haber ningún informador na sala

A maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, Carmen Novoa Santas, expulsou onte a un xornalista da sala antes de que comezase un xuízo contra dúas promotoras inmobiliarias que compraron terreos que aparecen recalificados no Plan Xeral de Nigrán. A audiencia ía ser pública, pero a xuíza considerou que o tema non era de interese para a prensa e invitou a marcharse ao redactor de La Voz de Galicia que acudiu a cubrir a información.

Os feitos

A sesión comezou ás dez e media da mañá, e o reporteiro puido entrar sen ningún impedimento na estancia. Tal e como lle indicou unha funcionaria, sentou nun banco do fondo reservado para o público. Antes de comezar, e tras intercambiar impresións cos avogados, a xuíza preguntou en voz alta se había algún xornalista dentro da sala.

A petición das partes

O redactor, que era a única persoa que asistiu como público, levantou a man e entón a letrada indicoulle que debía marcharse, porque as dúas partes da causa estaban de acordo en que alí non debía haber ningún xornalista.

O xuízo celebrábase por unha demanda presentada pola inmobiliaria Promocións Gómez Salgas (denominada así no acta xudicial) contra as empresas Promociones Val Robaleira e Urbanización Robaleira, por unha posible falta de pagamento de comisións. A asistencia ao xuízo era de interese informativo, posto que as dúas entidades demandadas na vista de onte foron relacionadas co suposto uso de información privilexiada para a compra de terreos que se recalifican co Plan de Nigrán.

A decisión da xuíza de invitar ao xornalista de La Voz a abandonar a sala non está na liña da doutrina que vén establecendo o Constitucional, que nas súas últimas sentenzas recomenda que os medios de comunicación teñan acceso ás vistas para que os cidadáns saiban o que alí ocorre.

Anúncios

0 Responses to “A xuíza impide a un xornalista de La Voz asistir a un xuízo relativo ao caso Nigrán”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: