O PSOE nega realizar acordos de recualificacións de terreos no Plan

O ex-alcalde socialista de Nigrán, Manuel Rial Cadaval, negou onte que durante a súa etapa no goberno chegouse a ningún acordo previo para a recualificación de terreos no Plan Xeral.

Un escrito achegado polo Bloque Nacionalista Galego revela que existía un compromiso para facer edificable un terreo privado das Angustias polo que se fixeron pasar as tubaxes de abastecemento de auga potable.

Manuel Rial afirmou que o goberno que el presidiu durante os anos 99 e 2003 non adquiriu ningún compromiso moral para revalorizar esta leira. O departamento de Urbanismo recibiu autorización para colocar a canle de subministración, que substituíu a un antigo que xa existía anteriormente. Para iso, contacto coa anterior propietaria dos terreos.

O goberno recibiu unha proposta de reclasificación do chan dos novos titulares da leira durante o período de exposición pública do avance, que foi trasladada ao equipo redactor, xunto co resto das alegacións que presentaron os veciños. «Intentar vincularme a min con supostos tratos de favor, é sacar as cousas de couzón, intentar sacar petróleo de onde non hai», afirmou onte o edil socialista.

Responsabilidades

Rial afirma que o anterior equipo de goberno só pode facerse responsable do avance do Plan Xeral, pero non da tramitación da redacción, que foi responsabilidade do actual equipo de goberno, cuxa xestión motivou sospeitas de corrupción urbanística e unha denuncia penal.

Anúncios

0 Responses to “O PSOE nega realizar acordos de recualificacións de terreos no Plan”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: