Colectivos veciñais de Nigrán esixen o cese dos concelleiros denunciados e a dimisión do alcalde

Cinco colectivos veciñais do concello de Nigrán presentaron no rexistro do Concello o sábado 18 de novembro un escrito dirixido ó Alcalde-Presidente do Concello de Nigrán para esixir o cese dos concelleiros denunciados pola Fiscalía e a dimisión do alcalde, pola presunta implicación en delitos de tráfico de información privilexiada na elaboración de PXOM. Ante a recente actuación da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, os seguintes Colectivos: A.VV. “A Irmandade” de Priegue, A.VV. “Monteferro” de Panxón, A.VV. “A Camoesa” de Camos, Salvemos Monteferro e a A.VV. “Dunas” de Nigrán EXPOÑEN: 

Que a Fiscalía procedeu á presentación dunha DENUNCIA PENAL ante o xulgado Decano de Vigo, centrada en feitos que poderían ser constitutivos dun delicto de tráfico de influencias en relación coa compra de terreos afectados polo Plan de Ordenación, e que poderían ter suposto para os adquirentes uns importantes beneficios, ó coñecer abusivamente cal sería o tratamento urbanístico dos mesmos. Que a citada DENUNCIA PENAL diríxese, polo momento, contra o Alcalde do Concello de Nigrán e os concelleiros de Urbanismo, Vías e Obras, Infraestructuras e Persoal,  Patrimonio e Contratación e o fundador e Presidente do Partido Independente de Nigrán. 

Que esta DENUNCIA PENAL é froito dun proceso de investigación que non se atopa finalizado e que polo tanto está suxeita a novos resultados doutras dilixencias que deben practicarse. Que o desprestixio e falta de credibilidade dos membros do Goberno Local, (desde as primeiras sospeitas ata á súa imputación como presuntos responsables de graves actos delictivos) ven levando ó Concello de Nigrán a unha situación insostible.Unha situación de desgoberno absoluto.Temas importantes, como a recollida do lixo, a ocupación de camiños públicos, a reparación de beirarrúas estragadas e outros pedimentos, formalmente expresados, das Asociacións Veciñais asinantes, son literalmente aparcados no Rexistro de Entrada sen recibir contestación. Síntomas que evidencian unha clara e patente incapacidade de Xestión da Administración Local, con graves consecuencias para os cidadáns e as cidadás. 

Por todo isto ESIXIMOS 

O inmediato CESE dos Concelleiros imputados e a inmediata DIMISIÓN do Alcalde-Presidente do concello de Nigrán, para salvagardar a dignidade das Institucións Públicas Locais e acadar unha normal situación de gobernabilidade e xestión, que vele polo correcto exercicio dos seus deberes e que garanta os dereitos da cidadanía. 

En Nigrán a 18 de novembro de 2006

Anúncios

0 Responses to “Colectivos veciñais de Nigrán esixen o cese dos concelleiros denunciados e a dimisión do alcalde”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: