Resposta ó Alcalde das AA.VV. “A Irmandade”, “Dunas”, “Seixos Negros…” ás gravísimas acusacións feitas sobre elas

Estupefactos quedamos ó abrir os periódicos e ver, nalgúns deles a toda páxina, unha “declaración oficial do Alcalde de Nigrán” como se fose a mensaxe da S.A.R. no Nadal, e a esperpéntica acción de quen chora a financiación para que os veciños poidan traballar polo interés xeral e gasta en dous días case 15.000 euros entre pleno Extraordinario e Urxente e anuncios no periódico. Pero non queremos centrar a atención neste particular, outros o farán…  

Por segunda vez temos que aclararlle ó Alcalde de Nigrán públicamente que tanto a A.VV. “A Irmandade” de Priegue, “Dunas” de Nigrán, “Arribas Brancas, Seixos Negros e Portocelo” de Panxón e mesmo “A Unión” de San Pedro, definiron a súa postura respecto do PXOM e de cómo desbloquear a tramitación do mesmo en ASAMBLEA PÚBLICA, mediante votación que non deixa lugar a dúbidas debido á contundencia do seu resultado. Afirmar que estas asambleas, de participación pública e libre, están manipuladas polos grupos políticos é tan grave como cuestionarse a capacidade intelectual dos veciños, é como chamarlles estúpidos. Os mesmos veciños que maioritariamente rexeitaron o PXOM na histórica manifestación do 17 de xuño e reclamaban a súa dimisión, os mesmos que, tempo ó tempo, recordaranllo alá polo mes de maio cando teñan que coller unha papeleta e depositala na urna electoral. Pero do que afirma o Alcalde ainda se tira algo moitísimo máis grave, a súa verdadeira intención de despreciar ós que define como un grupo minoritario de veciños, que por discrepar con él, estaría disposto a machacar e castigar. Ese é o verdadeiro valor que temos para vostede, ningún. O Pleno Extraordinario Urxente foi unha provocación para buscar as protestas veciñais e suspendelo, intentando quedar así coma un mártir. Doutro xeito non se entende que no mesmo momento de sair lle entregue ós medios uns números do censo para xustificar o da minoría das AA.VV. Estaba todo premeditado. E falando de números, o seu partido, o PP, acadou 2517 votos nas últimas eleccións (nin sequera foi a lista máis votada, PSG-PSOE: 2769, PINN: 2530), na manifestación do 17 de xuño foron entre 3000 e 4000 veciños os que sairon á rúa, moitos déronlle o seu voto e hoxe están arrepentidos. ¿Quén está en minoría?. Do mesmo xeito que se lle pediu “por favor” para que suspendese o Pleno Extraordinario e Urxente, pedímoslle POR FAVOR que dimita, que os que queden xa se apañarán, que desapareza da vida pública deste Concello porque vostede xa ten demostrado a qué veu, cómo nos trata (e cómo trata ós seus, como lle dixo a vostede Aurora en Praia América) e que é incapaz de gobernar este concello. VAIASE SR. ALFREDO!!!!!!

A.VV. “Dunas” de Nigrán

A.VV. “A Irmandade” de Priegue

A.VV. “Arribas brancas, Seixos Negros e Portocelo” de Panxón

Anúncios

0 Responses to “Resposta ó Alcalde das AA.VV. “A Irmandade”, “Dunas”, “Seixos Negros…” ás gravísimas acusacións feitas sobre elas”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: