O PXOM É UN PROBLEMA QUE REQUIRE DA PARTICIPACIÓN DE TODOS.

O alcalde de Nigrán afirmou tal e como aparece recollido nos medios de hoxe o seguinte: “la mayor parte de los vecinos que protestaron en el salón de plenos forman parte de asociaciones “politizadas y manipuladas” por el grupo nacionalista. Asimismo, recalcó que los colectivos que piden la retirada (Priegue, Nigrán y Arribas Brancas) cuentan con un número de socios muy escaso, frente a las que aceptan modificar el documento existente (Parada, Camos, Chandebrito y Panxón), “que representan a un porcentaje importante de población”.

1.- Manipuladas e politizadas non son as Asociacións Veciñais que reúnen ós veciños para decidir en asamblea a postura a tomar.
2.- As gravísimas consecuencias de entrar nas modificacións do PXOM tal e como fixeron Parada, Chandebrito, Camos e Panxón pagámolas TODOS. É unha enorme irresponsabilidade da que xa se lles advertiu en numerosas ocasións.
3.- Temos constancia de que moitas personas e colectivos están en contra deste PXOM e deben expresar a súa postura por escrito ante o alcalde e os medios de comunicación.

Esta foi a proposta que a A.VV. “Dunas” de Nigrán presentou no concello. Suxerímosvos que a suscribades ou fagades a vosa propia proposta e a introduzades por rexistro no concello, dirixida ó Alcalde-Presidente do concello de Nigrán, solicitándolle que traslade copia ós partidos políticos para que se teña en conta nas decisións a tomar no próximo pleno do 27 de outubro. Acto seguido podedes enviar unha copia á prensa.

Sabíamos de hai tempo que un dos argumentos do alcalde ían ser derribarnos polo número de socios, por iso se non lle quedou claro a postura dos veciños e veciñas de Nigrán na manifestación do 17X, debemos presentarlle cada un dos que alí acudimos un aluvión de escritos de rexeitamento do PXOM para que non lle quepa máis dúbida.

O PXOM É UN PROBLEMA QUE REQUIRE DA PARTICIPACIÓN DE TODOS.

As AVV estamos organizando unha recollida masiva de firmas para tal efecto, no que se engadirá outras solicitudes a este rexedor que  falsea continuamente a realidade nos medios sembrando a discordia e o enfrentamento veciñal.

un saúdo.

Anúncios

0 Responses to “O PXOM É UN PROBLEMA QUE REQUIRE DA PARTICIPACIÓN DE TODOS.”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: