Sonlicitude de consideracións para o próximo pleno sobre o PXOM

As Asociación de Veciños abaixo asinantes

EXPOÑEN

O 2 de xuño de 2006 someteuse ó Pleno a aprobación inicial do documento do PXOM. Debido ás protestas veciñais que rexeitaban o documento do PXOM e á consecuente división entre os políticos do equipo de goberno, o documento do PXOM non foi aprobado inicialmente.

O amplo coñecemento que a maioría dos cidadáns acadaron acerca do documento do PXOM non aprobado xerou un fundamentado e rotundo rexeitamento tal e como manifestou unha gran maioría da cidadanía de Nigrán na histórica manifestación do 17 de xuño. Por outra banda as sospeitas sobre presuntos actos delictivos durante a elaboración do documento do PXOM levaron ás Asociacións de Veciños do Concello de Nigrán a instar á Fiscalía de Urbanismo a investigar estes presuntos delitos, investigación que segue en curso a día de hoxe.

Neste contexto, a Corporación Municipal ante a disxuntiva de introducir modificacións no documento do PXOM ou redactar un novo PXOM para acadar un ordenamento municipal consensuado cos colectivos veciñais, non foi capaz de acadar ningunha resolución ó respecto, tal e como quedou reflictido no Pleno do 29 de setembro. A partir deste momento e ata o día de hoxe a tramitación do PXOM quedou e segue bloqueada.

Neste momento calquera que sexa a solución que acade a Corporación Municipal para desbloquear a tramitación do PXOM pasa necesariamente pola redacción dun novo contrato cun Equipo Redactor. Entendendo que non dispomos de argumentos para posicionarnos acerca de cambiar ou non de equipo redactor, si somos conscientes de que o contrato que se redacte só poderá contemplar a modificación do documento que contén o PXOM ou a redacción dun novo PXOM aproveitando toda a documentación técnica existente (tal como pode ser Planos de Información, Catálogo e Ficheiro de Núcleos Rurais). Destas dúas opcións somentes a segunda garante a redacción dun Plan Xeral de Ordenación Municipal acorde ós intereses e valores dos cidadáns, e que permita un desenvolvemento sostible e equilibrado de todo o Concello. Sen embargo, dada a actual situación de fractura do Equipo de Goberno e a proximidade das eleccións municiapais, será cando se constitúa o próximo goberno cando se aborde a convocatoria do concurso e adxudicación de dito contrato. Polo tanto compre aproveitar estes meses para avanzar na elaboración das bases que rexerán o novo ordenamento municipal. É necesario abrir unha reflexión colectiva sen límites sobre os obxetivos, criterios e solucións que debe acadar o PXOM. Esta reflexión deberá realizarse tendo en conta o que deron de sí 13 anos de desenvolvemento das normas Subsidiarias, o Documento de Avance do PXOM e toda a documentación técnica contida no documento do PXOM non aprobado, e sen ter en conta calquera contido da Ordenación urbanística do PXOM  proposto e non aprobado, xa que doutro xeito se estaría condicionando e/ou limitando o alcance de ditas reflexións.

Neste marco, e chegándose ó convencemento da necesidade de desbloquear a tramitación do PXOM, reforzar a participación cidadá e buscar o máximo consenso para acadar os obxectivos propostos deberíase propor ó Pleno a adopción dos seguintes cuestións:

Primeiro.- Retirar definitivamente o documento do PXOM, que non foi aprobado inicialmente o 2 de xuño, aproveitando del tan só a documentación técnica que contén.

Segundo.- Poñer en marcha a redacción dos pregos que encauzarán a contratación para a redacción dun novo PXOM co máis amplo consenso posible. O Prego de Cláusulas Administrativas entre outros, recollerá explicitamente no obxeto do contrato a redacción dun novo plan xeral. Por outra banda o Prego de Prescripcións Técnicas deberá poñer de explícito manifesto entre outros, a toma en consideración das propostas de ordenación Municipal que proveñan dos diferentes entidades veciñais, así como toda a documentación técnica que contén o documento do PXOM non aprobado.

Terceiro.- Ó mesmo tempo que se elaboran os pregos sinalados anteriormente, constituirase unha Comisión de Traballo con participación das entidades veciñais que terá como obxetivo facilitar unha reflexión colectiva encamiñada a definir qué criterios e obxetivos debe acadar a ordenación do territorio do Municipio de Nigrán. Esta Comisión elaborará un Informe de conclusións a ter en conta na redacción do novo PXOM.

O procedemento de traballo desta Comisión de Traballo deberá por un lado, contar coa adxudicación dunha partida económica destinada á contratación de técnicos alleos á Administración Local, que asesore técnica e xurídicamente ás entidades veciñais nas súas suxerencias e propostas de ordenación municipal. Por outro lado, unha vez formuladas as suxerencias e propostas de ordenación, establecerase un calendario de reunións co gallo de acadar unha posta en común de todas elas dende unha visión global de todo o Termino Municipal.

Cuarto.- Creación dun Consello Sectorial do PXOM que garanta dunha banda, que os traballos de elaboración do novo PXOM sexan abertos e conten coa máxima participación tanto dos colectivos cidadáns como de todos os Grupos Políticos, e doutra banda a adquisición do compromiso por parte das forzas políticas de que a redacción do novo PXOM despois das próximas eleccións municipais teña en consideración os contidos e conclusións de todo o recollido con anterioridade nesta proposta.
 Rogamos teñan a ben considerar estas cuestións nas súas tomas de decisión no próximo Pleno do 27 de outubro de 2006.

 AAVV Dunas de Nigrán

AAVV A irmandade de Priegue

AAVV Aribas Brancas
En Nigrán a  20 de outubro de 2006

Anúncios

0 Responses to “Sonlicitude de consideracións para o próximo pleno sobre o PXOM”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: