Histórica manifestación en Nigrán contra o PXOM

ManifestaciónA policía calcula que serían entre 3000 e 4000 o masnifestantes que discorreron pola Avda. Val Miñor de Nigrán manifestándose en contra do PXOM que quería aprobar o goberno de Nigrán.
Todos os representantes e veciños das parroquias de Nigrán acodiron hoxe en masa para pedir a dimisión de Alfredo Rodrgiuez e Avelino Fernandez.

Recortes prensa do día: A Manifestación dende a prensa
A manifestación de hoxe, senta un precedente na historia desta vila, a xente non recorda unha movilización así no concello.


A manifestación transcurriu pacíficamente, comezando puntual ás 21:00 da tarde tal e como estaba previsto. A xente reunida nas Angustias portaba cada ún a súa pancarta e pegatina onde se podía ler “Nigrán noutro plan”

No torreiro das angustias e na Avda. Val Miñor non quedaban xa prazas de aparcamento.
A manifestación coincidiu paradóxicamente cunha “festa andaluza organizada polo concello de Nigrán no torreiro das Angustias”.

Unha mare de pancartas invadía as cabezas dos manifestantes.
O PINN de Avelino Fernande quería sumarse á cabeza da manifestación con pancarta en man.
A súa participación foille denegada dados os cambio de rumbo fronte o PXOM e ás contradicións do independente nestes últimos días.

Participación de gurpos de persoas dos concellos de Cangas, Moaña, Gondomar, Baiona, A Estrada,…

Un acto de civismo en toda regra que non precisou da intervencion da garda civil.
A policía local somentes actuou para despexar o tráfico dos 500 m do recorrido pola avenida principal deste concello.

As consignas que se escoitaron ao longo da marcha foron:

  • Este PLAN non é para Nigrán
  • Avelino rouballeiras, deixa en paz as nosas leiras
  • Nin PINN nin PANN, vaite fora de Nigrán
  • Na tribuna do Celta planeouse esta desfeita
  • Alfredo xa é convicto de algún outro delicto
  • Avelino, raposo, nin mires para o noso

E unha unánime e forte DIMISION ao final da marcha antes e despois de leer o comunicado das AAVV.

Anúncios

0 Responses to “Histórica manifestación en Nigrán contra o PXOM”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: