As declaracións de Avelino Fernandez causan polémica polas súas contradiccións

www.vigoempresa.comAvelino Fernández , o líder do PINN, partido en coalición có PP en Nigrán, pronunciou onte a súa postura ante o PXOM:
«Acabouse, non imos tolerar esta situación nin aceptar ningunha responsabilidade neste plan».

Avelino Fernande criticou onte en rolda de prensa a compra de parcelas por parte de xentes afins a Alfredo Millarés, e as recalificacións millonarias que ian sufrir esas parcelas no novo PXOM.
Asi mesmo, Avelino aseguraba que el personalmente e o seu grupo non tiveron nada que ver neste comportamento e queren «facer pública» a súa disconformidade co xeito de actuar do alcalde.


Algúns veciños de Nigrán espertaron hoxe indignados ante as declaracións de Avelino que non dubidaban en tachalas de “cobardes, e chaqueteiras”.

Os comentarios hoxe na rúa falaban dunha “nova extratexia do lider do PINN para sair airoso do revés político e urbanístico que sufre o goberno de Nigrán.”

Contradiccións
Carmen, veciña de Nigrán e participante na conflictiva concentración diante do Concello de Nigrán o día do pleno da aprobación inical do PXOM, lembraba hoxe as declaracións feitas por Avelino Fernandez o mércores pasado (7 Xuño) no Faro de Vigo onde se podia leer:

“FERNÁNDEZ RECHAZA NEGOCIAR CON LOS CAUSANTES DE LOS ACTOS VIOLENTOS Y TRATA DE IDENTIFICARLOS EN VÍDEOS”. Avelino Fernández, se muestra combativo. No está dispuesto a negociar con los causantes de los actos agresivos y reclama al regidor que tome “medidas contra los agitadores”.
….el portavoz del PINN exige al regidor nigranense que actúe contra ellos. Para asegurarse de la identidad de los manifestantes más violentos, Avelino Fernández revisaba ayer vídeos sobre la batalla campal que tuvo lugar ante el ayuntamiento.
….La petición de retirada del plan que ayer realizaban los vecinos resulta “inaudita” para el independiente. “No puedo sentarme a hablar con los que vienen a tirarnos piedras y menos aceptar imposiciones por su parte”, argumenta.

Leer nota

.- “Antes éramos nos os delincuentes e agora danos a razón. ¿A que ven este cambio de rumbo?.- E se agora son os do PP os ladróns, ¿por que non di publicamente que o PIN vaise sumar aos viciños para solicitar unha investigación no asunto? Iso non o dí Avelino, el arríamse agora aso veciños pero para o que lle convén .”- aseguraba Carmen.

Pero estas non son as únicas contradiciócns nas que cae o lider independiente. As súas declaracións de onte onde nas que eximía calquer responsabilidade referente ao comportamento do alcalde, porque declaraba non ter coñecemento chocan frontalmente cas declaracións feitas a prensa o luns 19 de decembro de 2005 nas que a Voz de Galicia ocupaba có titular

“Avelino Fernández sospeitaba que hai especuladores no municipio”

A discusión está xa servida na rúa a poucos días da manifestación convocada polas AAVV. para o próximo sábado 17 ás 21:00 no torreiro das Angustias.

Preimeiras dimisións

Jose Comesaña, edil do Partido Independente de Nigrán , un dos tres edís que se opuxo a celebrar o pleno para a aprobación do Plan Xeral se non había consenso cos veciños, presentou onte a súa dimisión achacando a súa decisión estrictamente a motivos de saude.
O posto pasa a ser ocupado por Gumersindo Jardón, concelleiro no anterior mandato municipal con Avelino Fernández , xa que a seguinte candidata da lista do PIN rechazou ocupar nestes momentos o posto.
Gumersindo Jardón apostou onte manter o Plan Xeral que xa está redactado e introducir modificacións puntuais para satisfacer as demandas veciñais.

Anúncios

0 Responses to “As declaracións de Avelino Fernandez causan polémica polas súas contradiccións”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: