Protesta diante do Concello de Nigrán – Entrevista a Juan Hermida.

logo PXOMValminor.info –Despois da imborrable imaxe da mañá do venres fronte ao Concello de Nigrán, e despois de que foran feitas todas as declaracións dos partidos politicos quixemos coñecer a outra cara da historia. A visión dos veciños manifestantes.
Falamos con Juan Hermida, representante da Asociación de Viciños Dunas de Nigrán, para coñecer da súa man unha valoración e relato dos feitos acontecidos.


Val Miñor – Juan, unha vez calmados os ánimos ¿Cal é a túa visión do acontecido este venres en Nigrán?

Juan Hermida – Tristemente ei de recoñecer que se non chegamos a facer a desfeita que fixemos, estou seguro que o alcalde non nos recibiría. Con isto non quero xustificar os actos violentos dos que fixemos responsable ó alcalde, e así llo dixemos. Equívocáronse dende o principio, do xeito en que elaboraron o Plan, do xeito en que pretendían aprobalo e do desprecio co que nos consideraban, cando pensaban que non íamos pelexar polo noso. Todo isto llo dixemos ó alcalde.

Eu son, se me permites, a primeira persona que agradecería non ter chegado a esta situación, posiblemente me moleste máis que o que lles pode molestar ós do equipo de goberno, pero vímonos obrigados a convocar esta mobilización.
Eles obrigaron á xente a radicalizar as súas opinións, e eu esa radicalidade creo que é lexítima porque o que fixeron e pretenden facer é simple e llanamente un ataque frontal ó sentido común, á intelixencia, e sobre todo ó honor dos cidadáns.

VM . Moitos do manifestantes queixaronse da desmesurado despliegue de efectivos da garda civil. unha rapaza de Nigrán foi gaseada diante do ollos, tal e como aparecen nas imaxes de T5 e mesmo unha muller embarazada foi empurrada e tirada ao chan polo cordón policial á salida dos concellais. ¿Coidas que facía falta tanto despliegue?

JH- Creo que nunca sentín tanta vergoña de ser Nigranense como cando vin a nosa casa consistorial rodeada por antidistúrbios encarados hacia os veciños, cando en realidade, creo honestamente que deberían estar encarados na outra dirección. Este feito é o que máis me molesta porque chega a ser de tanta trascendencia na nosa democracia que debería bastar para convocar mañá mesmo eleccións, non porque poidan gobernar outros, que me da bastante o mesmo, senon porque creo que o honor das personas é inviolable.

Síntome agradecido coa xente e a seguir nesta loita que será longa. Noraboa a todos e todas.

Anúncios

0 Responses to “Protesta diante do Concello de Nigrán – Entrevista a Juan Hermida.”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: