O PXOM de Nigrán contemplará chan para un campo de golf en Chandebrito

O concellal de Urbanismo de Nigrán, Carlos Quintas, anunciou durante o pleno ordinário do pasado venres que o goberno reservará chan en Chandebrito para a construcción dun campo de golf.

O goberno local considera prioritario criar todas as condicións no Concello para a execución deste proxecto, que din contribuirá á desestacionalización do turismo. O futuro planeamento de Nigrán tamén contemplará a criación dunha via de alta capacidade que atravesará todo o concello, unha estra sen sentido que terminaría en ningures, xa que vigo desestimou facer a ronda de Coruxo, vial que enlazaría co de Nigrán.

A intención de facer un campo de golf nesta zona é coñecida dende 1988. Lembremos o que publicaba o Faro de Vigo o 15 de marzo de 1989. Daquela, o alcalde de Nigrán ofreceu ós veciños 150 pesetas por metro cadrado, Logo, duplicou esta oferta inicial polo terreo e, dada a negativa dos afectados, chegou a ameazar con abrirlles expedientes polas obras que daquela se estaban a construír, sobre todo, en Chandebrito.
INDICIOS ESPECULATIVOS. A operación encuberta estaría en que o grupo promotor faise con 1 millón de metros cadrados a 300 ptas. Dese conxunto colleríanse 300.000 que se venderían a 5.000, 7.500 ou 10.000 ptas o metro cadrado polo que se recadarían 2.500 millóns de ptas. Todo, cunha inversión de só 90 millóns [de pesetas]. Outros 200.000 m2 destinaríanse a vivendas e hotel. O campo de golf contaría cos 500.000 m2 restantes. Suponse que para esta operación habería unha modificación das Normas Urbanísticas.

“Por otra parte los vecinos de Camos, asesorados jurídicamente, sacaron la conclusión de que era un proyecto inviable. «A pesar de estas posturas tan claras, el alcalde llevó al pleno, la modificación puntual de las Normas del monte de Chandebrito que fue aprobada por los votos del”.
Fonte: Montejano, V., Faro de Vigo, 15/08/1989 páxina 14. Máis información en: FdV, 07/03/1989 p. 18. FdV 08/03/1989 p. 19. FdV, 29/07/1989 p. 17. FdV, 20/08/1989 p. 23. FdV, 21/08/1989 p. 12. FdV, 30/10/1989 p. 13. FdV, 03/11/1989 p. 22 e moitos máis…

Logo 16 anos, proponse Campo de Golf de 700.00 metros cadrados e “Sector Residencial” de 127.000 m2.
Máis información, por ex., en: La Voz de Galicia. Ed. Vigo, 14/12/2004, p. L11.

Campos de Golf: Negócio de Poucos, Ruína de Todos. Monte galego.
Independentemente de como se resolva o problema da propriedade, o monte afectado pasaría de feito a converterse nunha grande finca particular en mans dunha empresa proprietária ou concesionária. Chegarán peches e axentes de seguridade para que, mentres un poucos xogan, os demáis botemos de menos o que supón o monte comunal:

Un espacio aberto ao tránsito de toda a veciñanza e forasteiros. Lugar onde disfrutamos do ar libre, do deporte, da natureza, do patrimonio cultural, das áreas de lecer…

Unha fonte de recursos para comuneiros e comuneiras: castañas, recolección de fruma ou pico, cogumelos, piñas, leña, madeira…

O Negocio está no metro cadrado.
O grande negocio dos campos de Golf non está nas cuotas proibitivas que pagan os seus socios. As contas non saen a non ser que o proxecto se acompañe dunha recalificación do terreo; aproveitando a modificación dun PXOM por exemplo. Articúlase así un proxecto urbanístico privado que multiplica por catro (e máis) os beneficios.

 Ver Mapa Arqueolóxico da zona

 Ver mapa de extensión do campo de Golf e zoa residencial

O Ouro e o Mouro.

Amortizando o investimento inicial e os gastos ordinários, un campo de golf destas magnitudes ten, de promedio, uns beneficios netos anuais de 1.160.000 euros (192 millóns de pesetas). Según revelóu a prensa de finais do ano pasado 2004 (vid. p. 1), as Comunidades de Montes afectadas cobrarían 84.000 euros (pouco menos de 14 millóns de ptas). Noutras palabras: o 7’4 % (sí, só o sete coma catro %) entre as tres parroquias. Non é mal negocio para estar na ribeira sur da ría de Vigo, no centro dun espacio en proceso de urbanización acelerado, desbocado, desfasado, especulativo, desarrollista e INSOSTIBEL.

Pérdense 70 (setenta) hectáreas de producción de madeira ¿Con que benefício?. Pérdense setenta hectáreas de potenciais produccións complementarias como mel, castañas, landras, cogomelos, carne ecolóxica, etc. ¿A quen interesará o abandono da terra? Normalmente os campos de golf veñen acompañados de grandes promesas de postos de traballo e negócio. A realidade é que a plantilla média dun campo de golf componse dunhas 23 persoas, a maior parte das cales han de acreditar formación específica. Por enriba, as adicadas ao golf soen ser EMPRESAS ENDOGÁMICAS que ademáis da súa élite non só montan as súas propias tendas e bares, etc., senón que se dan moitos casos de entrar en competéncia co comércio e a hostelería locais, primeiro con prezos de ganga e logo tirando dos prezos cara arriba.

A água tamén a queren.
Un campo de golf como o que se pretende aquí ten un CONSUMO ANUAL entre 700.000 e 1.000.000 de metros cúbicos (de 700 a 1.000 millóns de litros de água). A mesma cantidade de água que unha nova vila de 8.400 a 12.000 habitantes. Se lle sumamos as novas casas e instalacións que acompañen o proxecto a cifra aproximaríase á do consumo duns 17.000 habitantes.

Os defensores do proxecto recoñecen a dificultade de traela de Zamáns. Consideran aproveitar as águas residuais da depuradora de Nigrán [¡como?] ou abrir pozos para collela dos manantiais da zona. O problema é que estes MANANTIÁIS son os mesmos que surten de água ás parróquias afectadas dende tempos inmemoriáis. ¿Cando escasee a auga, con invernos como este 2004-05, quen terá prioridade no seu uso? ¿Os veciños e veciñas ou o Campo de Golf?
Contaminación.

Un campo destas características consume unhas 49 toneladas por ano de fertilizantes; productos con contaminantes abondosos derivados do nitróxeno e de fosfatos. Ademáis consume toneladas de herbicidas, funxicidas, nematicidas, aracnicidas ou mesmo rodendicidas. Tamén se empregan retardadores do crecemento e xéranse lixo, restos de corta contaminados e vertidos accidentais.

A súa TOXICIDADE e variabel, mais cando falamos de grandes superficies con numerosos manantiáis e regatos, acontece que todo este “arsenal” químico ameaza moi seriamente a potabilidade deste recurso vital.
Desmontar o Monte.

A preparación do terreo para a implantación dun campo de Golf deste tipo supón, primeiro, a tala masiva. A CORTA A MATARRASA. Se o impacto ambiental destas talas pode ser mui forte, a posibilidade de cortar as novas fragas de carballos e de castiñeiros que se estiveron a recuperar nestas últimas décadas sería imperdoabel. Logo, efectúase un subsolado, NIVÉLASE O TERREO en función da morfoloxía que se lle pretenda dar ó campo de golf. Un campo de golf é un MONOCULTIVO. Excepto, a herba seleccionada como céspede, DESTRÚE TODO O QUE HAI. Aplícanse herbicidas sistemáticamente.
O anunciado “Sector Residencial” que acompaña o campo de golf sería unha nova MONSTRUOSIDADE PAISAXÍSTICA, estilo Gaifar (Nigrán), Toralla (Vigo), etc.

Voces que se Apagan
O campo de Golf pode representar outro exemplo de PRIMAVERA SILENCIOSA. A aplicación masiva de productos químicos conlevaría a desaparición das especies vexetais existentes e a morte da fauna invertebrada. Anfibios, réptiles, mamíferos e aves corren perigo e veriamos ameazado o noso ecosistema.

Patrimonio Arqueolóxico directamente afectado.
Aqueles que planifican a idea dun campo de golf nesta zona, presupónselle deberían coñecer xa o seu valor como patrimonio arqueolóxico e natural. Xacementos do Paleolítico á Idade Moderna. Un legado de máis de 300.000 anos, diverso e ben exemplifcado nun marco paisaxístico de recoñecida beleza. Obsérvese no mapa o sobranceiro número e disposición dos petroglifos, BENS DE INTERESE CULTURAL, e o número dos outros tipos de xacementos ó aire libre e covas afectados.
Obrigados polo espacio dispoñible, esquecéndonos agora das inmediacións -das covas do Folón, de Porteliña, de Peneites… dos petroglifos de Fragoselo, do Carballoso, da Mámoa, do Sueido… dos castros de Priegue, Saiáns, Coruxo, Chandebrito…- que viría a ser a parte do patrimonio arqueolóxico aquí non representada pero igualmente afectada por razóns xeográficas evidentes.

Máis información en: CEM (Coord.) Historia de Chandebrito.Ed. CMVMC de Chandebrito e Concello de Nigrán, 1997; CEM (Coord.) O Folón (Coruxo) e as outras do sur de Vigo. Ed. A.Veciñal de Coruxo, 2004.

EDITORIAL.
¿Por que Concello e promotores non informan directamente e con claridade á cidadanía dos seus propósitos? ¿Estamos dispostos a desentendernos deste plan?

A riqueza desta parte do Val Miñor está na súa natureza e na cultura inmaterial e material de seu. O pretendido TURISMO DE CALIDADE que se busca, fuxirá dun campo de golf maldito por facerse en contra da água, do monte, do patrimonio e da paisaxe herdados. En contra da tranquilidade; potenciando o tráfico privado excesivo. En contra dun territorio tan ricamente dotado de historias e paisaxes que merecen seguir sendo disfrutadas con proxectos e promocións públicos sostibles e máis respectuosos. O Concello de Nigrán conta dende novembro de 2004 cunha Memoria Preliminar que propón a REVALORIZACIÓN patrimonial de Chandebrito. O Concello de Vigo pedíulle en xaneiro de 2004 á Xunta que se integre esta zona no Parque de Arte Rupestre de Galicia. Un campo de golf por desarrollista e insostibel medioambientalmente é incompatible con estes anuncios. Nó C.E. Maúxo levamos publicitando os valores desta parte da nosa veciñanza dende 1990. Por facelo unha vez máis que non quede. En vez de planexar obras absurdas; os políticos – xestores deberían escoitar as reclamacións polo arranxo das estradas xa existentes, pola construcción do alcantarillado, pola recuperación de camiños, fontes e lugares de interese planificando con respecto a nosa terra.

Boletín Especial Informativo editado polo C. E. Maúxo. Vigo 2005. Enderezo : mauxo@mauxo.com. SELO CEM, 2005

Últimas noticias relacionadas:

A Xunta da o visto bó ao campo de Golf
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=59308&pIdSeccion=3&pNumEjemplar=2606
http://www.lavozdegalicia.es/ed_vigo/noticia.jsp?CAT=111&TEXTO=4706925

Anúncios

0 Responses to “O PXOM de Nigrán contemplará chan para un campo de golf en Chandebrito”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: