Os plans de ordenación dos concellos e os montes veciñais en man común

Que para os concellos, os montes veciñais en man común son somentes unha superficie de chan barato e sen valor, é unha realidade máis que demostrada. Que para os concellos costeiros (os do Val Miñor, por exemplo), os montes veciñais en man común só valen para favorecer o avance das urbanizacións e para aumentar a edificabilidade das mesmas (especulación), basta con votar unha ollada ós seus plans xerais de ordenación, ou ás súas reformas. Nestes, superficies de monte veciñal en man común, están clasificados como solo urbanizable ou como zonas verdes lindantes con futuras urbanizacións.

Os concellos están a propiciar unha usurpación dos montes veciñais en man común de forma encuberta. Están a propor a eliminación física dos mesmos. Por regla xeral (sempre hai excepcións), as comunidades de montes maniféstanse en contra desta usurpación encuberta. Máis ás veces non son capaces de soportar a presión á que son sometidas.


Tanto a lei de montes veciñais en man común, como a lei de ordenación urbanística e de protección de medio rural, máis ou menos, protexen a supervivencia dos montes veciñais en man común. Máis os concellos están a facer unha interpretación interesada de estas leises. Aproveitan certas indefinicións para introducir ós seus intereses. Unha das que máis utilizan é aquela que di que os montes que non teñan masa forestal poden ser recalificados como urbanizables. Máis isto non quer dicir que se corte o arbolado a posta para lograr tal fin. Somentes se podería aplicar a aqueles montes que por súa degradación non teñen ou non poden ter masa arborada.

É certo que algunhas veces, as comunidades de montes, podemos tomar acordos errados, ou mesmo acordos contra a lexislación. Máis tamén é certo que por riba destes acordos, existe a lei. E a lei, referente ós montes veciñais en man común é clara. Por lei, os montes veciñais en man común somentes poderán ser obxecto de expropiación (necesaria para as urbanizacións), por causas de utilidade pública ou interés social. E nestes casos, correspóndelle ao Goberno da Xunta de Galicia decidir se é prevalente o monte veciñal (ben común, ben social), ou se é prevalente a urbanización (ben privado).
En última instancia, a decisión tena que tomar o Goberno da Xunta de Galicia. Se o goberno galego actual, ao contrario dos anteriores gobernos galegos, entende que os montes veciñais en man común son prevalentes ás urbanizacións, a integridade dos montes queda a salvo. E xa que logo, os intereses dos concellos de proceder a unha usurpación encuberta dos montes veciñais en man común quedarán en auga de borralla.

Xosé Alfredo Pereira Martínez,
presidente da ORGACCMM – Val Miñor

Anúncios

0 Responses to “Os plans de ordenación dos concellos e os montes veciñais en man común”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: