Monteferro, crónica dunha especulación anunciada.

mf1b.jpgVieiros.com – Co ensanchamento, asfaltado e “acondicionamento” do vial de Monteferro (Nigrán) ábrese a porta á urbanización e á especulación inmobiliaria nun entorno de grande valor paisaxístico, un dos poucos redutos naturais que quedan nunha costa moi alterada. Actuacións coma esta fan urxente unha moratoria para este tipo de actuacións urbanísticas e recalificacións no litoral, se non queremos reproducir en Galiza o modelo da costa mediterránea.


O proxecto consiste no ensanchamento do vial existente, convertíndoo nunha pista de 10 m e sentido único, até unha gran rotonda de 30m e de aí ao cumio de Monteferro. Dende este ponto, asfáltase tamén unha pista forestal pola ladeira sur até a rotonda, e desta ao camiño de Portocelo. Aliás, o proxecto inclúe a construcción de dous miradores e a urbanización (auga, canalizacións, farolas, mobiliario) de todo o treito.
O proxecto foi xa adxudicado pola Deputación de Pontevedra en setembro de 2005. Os integrantes da plataforma “Salvemos Monteferro”, amosan a súa preocupación, aliás polo vial que se pretende construir, xa de por sí unha verdadeira aberración e un atentado contra o entorno natural, por que esta obra moi probábelmente vai ser o primeiro paso cara a urbanización de Monteferro.

A Plataforma “Salvemos Monteferro” denuncia tamén que se está a desenvolver unha verdadeira mafia especulativa ao redor do proxecto (queima de coches e malleiras á xente que defende este entorno natural). Aliás, as recentes talas levadas a cabo e a intención do concello de Nigrán de recalificar este chan rústico protexido no novo PXOM, fan obvio o interese urbanístico e especulativo neste anaco de paraíso.

Dende ADEGA solidarizámonos cos membros da Plataforma e demandamos das administracións competentes, nomeadamente do Presidente da Xunta, que faga xa efeitiva unha moratoria para este tipo de actuacións na costa mentres non se ultima o prometido Plano Territorial Integrado do Litoral para protexer os valores naturais da nosa costa, garantir o seu aproveitamento sostíbel e evitar o “desmadre” urbanístico.

Ligazóns relacionadas: Salvemos Monteferro

Anúncios

0 Responses to “Monteferro, crónica dunha especulación anunciada.”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: