A ocultación do Plan Xeral xera friccións no goberno de Nigrán

logo PXOMAs disidencias entre os socios de goberno de Nigrán -PP e PINN- increméntanse cada día. Xa non só aparecen en torno a proxectos puntuais como o porto deportivo de Panxón ou a residencia da terceira idade na mesma parroquia. A tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) desata grandes discrepancias entre populares e independentes e ata no seo de ambos partidos. O portavoz do Partido Independente de Nigrán, Avelino Fernández, mostrou onte o seu malestar polo “secuestro” do Plan Xeral por parte do alcalde, Alfredo Rodríguez, e o concelleiro de Urbanismo, o tamén independente Carlos Quintas, o pasado venres, día 9.


Ningún membro do equipo de goberno nin da Corporación, agás o rexidor e edil de Urbanismo, coñece o planeamiento. O asunto resulta “unha desconsideración e un grave erro político que non favorece a harmonía entre os dous partidos do goberno” a ollos de Fernández. O independente cree que, polo momento, o plan é un documento político e por iso insiste en que todos os representantes dos veciños deben posicionarse sobre el e aportar as súas suxestións antes de que a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte ofreza o seu informe.

Neste sentido, Fernández advirte de que “é posible que o documento veña informado e a Corporación rexéiteo”. Isto non quere dicir, insiste o portavoz do PINN, que a formación independente non apoie o plan no seu día nin que a ocultación do mesmo ocasione unha ruptura do pacto de goberno. Polo momento, o independente reitera o seu desacordo coa forma de proceder do rexidor e Quintas, “non co fondo do plan porque non o coñecemos”.

Sospeitas
No entanto, Avelino Fernández lanza sospeitas respecto de posibles intereses neste encubrimiento do plan. “Descoñezo se os partidos da oposición coñecen o documento, pero o pobo de Nigrán non o coñece. Non estou seguro de que non haxa determinadas persoas que si teñan información sobre algunhas actuacións”, explica.

En relación ao seu compañeiro de grupo Carlos Quintas, o portavoz dos independentes afirma que “está actuando de costas ao partido”. Ao seu xuízo, o edil de Urbanismo “debería reclamar a opinión da formación á que pertence”. Por iso, anuncia que a xunta directiva do PINN reunirase en xaneiro para tomar medidas sobre a actitude de Quintas e á tramitación do Plan Xeral.

Anúncios

0 Responses to “A ocultación do Plan Xeral xera friccións no goberno de Nigrán”



  1. Deixe um Comentário

Deixe uma Resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s





%d bloggers like this: