Paginas de arquivo 2

Nigrán no Val Miñor e nas perspectivas económicas da área metropolitana de Vigo.

Sábado 3 de marzo ás 7 da tarde xornada con Xose Manuel Souto González
Nigrán no Val Miñor e nas perspectivas económicas da área metropolitana de Vigo.

Na súa intervención, Xose Manuel Souto fará un estudo histórico de Nigrán no conxunto do Val Miñor para explicar cómo se constrúe a identidade local nun mundo globalizado. As transformacións recentes poden rachar cos símbolos que identifican un territorio e, polo mesmo, quedar nunha situación de febleza nun mundo que se move na teoría do marketing territorial. Así cobra protagonismo a construción do espazo público e o mantemento do ambiente ecolóxico.

Continue a ler ‘Nigrán no Val Miñor e nas perspectivas económicas da área metropolitana de Vigo.’

Xornadas de Urbanimo de Nigrán

Presentación das XornadasVarias asociacións e colectivos do Val Miñor, organizamos as primeiras Xornadas de Urbanismo de Nigrán co obxetivo de que o veciños e veciñas da comarca continúen o debate necesario sobre o seu futuro; debate que comezou hai xa algún tempo e que nesta altura queremos avivar.

As xornadas celebraranse todos os sábados do mes de Marzo ás 19:00h, a máis dunha charla o xoves 22 ás 20:00h co arquitecto Pedro de Llano.

Dado que o concello de Nigrán non dispón de ningún auditorio nin sala pública para a realización das xornadas, as charlas celebraranse nunha aula do colexio público H. Juanes de Vilameán (Nigrán). Así mesmo porque para este lugar e o seu contorno lle tiñan reservado un destino que o pobo de Nigrán non aceptou nin vai aceptar nunca: xa que este é un terreo de dominio público que non pode entrar como moeda de cambio en ningún “cambalache” inmobiliario para beneficio particular. Non o consentiremos.

Continue a ler ‘Xornadas de Urbanimo de Nigrán’

O parque inmobiliario do Val Miñor crece o dobre de rápido que o seu censo

La Voz de Galicia - En cinco anos a poboación aumentou un 11% mentres a oferta de vivendas facíao un 23%. Soamente Baiona líbrase dos escándalos urbanísticos que salpican a súa contorna

Na comarca dos escándalos urbanísticos, as vivendas reprodúcense o dobre de rápido que as persoas. Dino os datos do Colexio de Arquitectos de Galicia e dos municipios de Nigrán, Gondomar e Baiona, que revelan que entre o ano 2000 e o 2005 os tres municipios do Val Miñor incrementaron un 11% o seu censo e un 23% o seu parque de vivendas. Continue a ler ‘O parque inmobiliario do Val Miñor crece o dobre de rápido que o seu censo’

A comparsa “O pelotazo” no entroido de Nigrán

A policía local de Nigrán, tentou impedir a machar da comparsa “o pelotazo” en Nigrán.
O entroido, como festa da sátira e da crítica que son, non deixou este fin de semán atrás o tema candente do urbanismo. Tanto en Nigrán como en Gondomar comparsas e veciños disfrazáronse seguindo a temática de actualidade na comrca nos útlimos meses, repartindo fotocopias de billetes  entre os presentas.
Uns trinta veciños de Nigrán e Priegue xuntáronse a tarde do sábado nunha comparsa independente fora de concurso, satirizando o urbanismo en Nigrán. A comparsa “O pelotazo” saiu ás 16:00 horas do recinto das Angustiás de Nigrán desfilando ate o concello para logo seguir a sua marcha ata as pistas de Gaifar en Panxón. Continue a ler ‘A comparsa “O pelotazo” no entroido de Nigrán’

Avelino Fernandez pide a redacción do PXOM por decreto.

El líder del Partido Independiente de Nigrán (PINN), Avelino Fernández, encabezará de nuevo la lista de la formación para las elecciones municipales del 27 de mayo.

El líder del Partido Independiente de Nigrán (PINN), Avelino Fernández, encabezará de nuevo la lista de la formación para las elecciones municipales del 27 de mayo. Fernández anunció su candidatura con el fin de zanjar las especulaciones sobre sus dificultades para reunir a 17 personas dispuestas a acompañarle en la campaña y sobre la petición del alcalde para que abandonase la política con el objetivo de unir al centro-derecha del municipio. Continue a ler ‘Avelino Fernandez pide a redacción do PXOM por decreto.’

« Página AnteriorPágina Seguinte »