Todas as Asociacións Veciñais do concello de Nigrán, “Outeiro” de Parada, “A Irmandade” de Priegue, “O Castro” de Chandebrito, “Monteferro” de Panxón, “Areas Brancas, Seixos Negros e Portocelo” de Monteferro, “A Camoesa” de Camos, “Dunas” de Nigrán, “A Unión” de San Pedro, e o colectivo “Salvemos Monteferro” de Nigrán, a raíz das citacións xudiciais que un numeroso grupo de veciños está a recibir polo sucedido no Concello de Nigrán o 2 de xuño de 2006, convocan a todas as persoas citadas a unha reunión que terá lugar na casa de cultura de Camos, mañá martes, 10 de abril, ás 21:00.
Asimismo aproveitan para manifestar a súa SOLIEDARIEDADE con todos os veciños imputados e expresar a súa REPULSA pola imputación destes cidadáns e cidadás polo ocurrido no Concello de Nigrán o 2 de xuño de 2006 debido á protesta xerada como resposta ó xeito no que se pretendía aprovar o PXOM no Pleno ordinario dese mesmo día.
Arquivo da categoria 'Escritos das AA.VV'
Reunicón informativa cos imputados e imputadas do 2 xuño.
Publicado Terça-feira, 10 Abril 2007 Escritos das AA.VV Leave a CommentResposta ó Alcalde das AA.VV. “A Irmandade”, “Dunas”, “Seixos Negros…” ás gravísimas acusacións feitas sobre elas
Publicado Sábado, 28 Outubro 2006 Avisos e Comunicados , Escritos das AA.VV Leave a CommentEstupefactos quedamos ó abrir os periódicos e ver, nalgúns deles a toda páxina, unha “declaración oficial do Alcalde de Nigrán” como se fose a mensaxe da S.A.R. no Nadal, e a esperpéntica acción de quen chora a financiación para que os veciños poidan traballar polo interés xeral e gasta en dous días case 15.000 euros entre pleno Extraordinario e Urxente e anuncios no periódico. Pero non queremos centrar a atención neste particular, outros o farán… Continue a ler ‘Resposta ó Alcalde das AA.VV. “A Irmandade”, “Dunas”, “Seixos Negros…” ás gravísimas acusacións feitas sobre elas’
Sonlicitude de consideracións para o próximo pleno sobre o PXOM
Publicado Sexta-feira, 20 Outubro 2006 Escritos das AA.VV Leave a CommentAs Asociación de Veciños abaixo asinantes
EXPOÑEN
O 2 de xuño de 2006 someteuse ó Pleno a aprobación inicial do documento do PXOM. Debido ás protestas veciñais que rexeitaban o documento do PXOM e á consecuente división entre os políticos do equipo de goberno, o documento do PXOM non foi aprobado inicialmente.
O amplo coñecemento que a maioría dos cidadáns acadaron acerca do documento do PXOM non aprobado xerou un fundamentado e rotundo rexeitamento tal e como manifestou unha gran maioría da cidadanía de Nigrán na histórica manifestación do 17 de xuño. Por outra banda as sospeitas sobre presuntos actos delictivos durante a elaboración do documento do PXOM levaron ás Asociacións de Veciños do Concello de Nigrán a instar á Fiscalía de Urbanismo a investigar estes presuntos delitos, investigación que segue en curso a día de hoxe. Continue a ler ‘Sonlicitude de consideracións para o próximo pleno sobre o PXOM’
Comunicado lido na manifestación do 17 Xuño diante do Concello de Nigrán
Publicado Sábado, 17 Junho 2006 Avisos e Comunicados , Escritos das AA.VV Leave a Comment
Veciños e veciñas, amigas e amigos:
As AA VV estamos agradecidas por esta expresión pública e libre de rexeitamento deste Plan Xeral que se pretendía aprobar o pasado venres 2 de xuño. Sentímonos apoiados por todos e cada un de vós para seguir reclamando o que nos corresponde.
Hoxe, 15 días despois de daquela revolta que espallou o nome de Nigrán arredor do mundo, moitas cousas cambiaron. Saíu á luz moita inmundicia e os lobos xa empezaron a pelexar entre eles a dentadas.
Continue a ler ‘Comunicado lido na manifestación do 17 Xuño diante do Concello de Nigrán’

PXOM Nigrán