As Asociacións de Veciños de Nigrán convoca a tódolos veciños do Concello de Nigrán e a tódolos que se solidaricen con nós á CONCENTRACIÓN que se celebrará o próximo venres 2 de xuño a partires das 8:30 – 9:00 da mañá diante do Concello de Nigrán para manifestar o noso desacordo co PXOM e a paralización da tramitación do mesmo, xa que a partires das 9:00 da mañá celebrarase un Pleno onde previsiblemente se aprobará inicialmente o proxecto.
A pesar das dificultades debido ó día e hora da convocatoria do pleno, esperamos que fagades un esforzo por asistir. Traede todo tipo de artiluxios que fagan ruido e pancartas coa mensaxe que consideres respecto ó tema de protesta.
Agradecemos a vosa participación.
PXOM Nigrán
0 Respostas to “Convocatoria – Concentración diante do Concello de Nigrán”