Todas as Asociacións Veciñais do concello de Nigrán, “Outeiro” de Parada, “A Irmandade” de Priegue, “O Castro” de Chandebrito, “Monteferro” de Panxón, “Areas Brancas, Seixos Negros e Portocelo” de Monteferro, “A Camoesa” de Camos, “Dunas” de Nigrán, “A Unión” de San Pedro, e o colectivo “Salvemos Monteferro” de Nigrán, a raíz das citacións xudiciais que un numeroso grupo de veciños está a recibir polo sucedido no Concello de Nigrán o 2 de xuño de 2006, convocan a todas as persoas citadas a unha reunión que terá lugar na casa de cultura de Camos, mañá martes, 10 de abril, ás 21:00.
Asimismo aproveitan para manifestar a súa SOLIEDARIEDADE con todos os veciños imputados e expresar a súa REPULSA pola imputación destes cidadáns e cidadás polo ocurrido no Concello de Nigrán o 2 de xuño de 2006 debido á protesta xerada como resposta ó xeito no que se pretendía aprovar o PXOM no Pleno ordinario dese mesmo día.
Reunicón informativa cos imputados e imputadas do 2 xuño.
Publicado Terça-feira, 10 Abril 2007 Escritos das AA.VV Leave a CommentMesa redonda – O PXOM de Nigrán – Peche das xornadas
Publicado Sexta-feira, 23 Março 2007 Noticias Leave a CommentSÁBADO 24 MARZO ÁS 19,00 H. no COLEXIO H. JUANES (VILAMEÁN)
Este, que será o quinto e derradeiro día destas Xornadas de Urbanismo, estará dedicado ó Plan Xeral de Nigrán, e consistirá nunha mesa redonda da que formarán parte os seguintes convidados:
Manuel V. Sola
Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, é actualmente xornalista de economía de El País. En 2006 publicou unha serie de sete reportaxes sobre o urbanismo na costa galega.
Mauricio Ruíz Ceniceros
Asesor xurídico da Comisión de Planeamento e de Medio Ambiente do Colexio Oficial de Arquitectos de Vigo.
Juán Hermida Lago
Representante e voceiro do movemento veciñal de Nigrán.
Eulogio Abeleira
Delineante superior proyectista. Foi decano do colexio de Delineantes. Pertenceu ó consello de Delieantes de Galicia. Actualmente é secretario da AVV “grupo opinión” de A Guarda.
Os colectivos organizadores das Xornadas de Urbanismo de Nigrán queremos agradecer a gran acollida dispensada a estes actos e a animada e activa participación nos coloquios e debates, proba do interese e preocupación que estes temas espertan na cidadanía.
Galicia: A ruptura dunha cultura do territorio, con Pedro de Llano
Publicado Terça-feira, 20 Março 2007 Noticias Leave a Comment
Este XOVES 22 MARZO ÁS 20,00 no COLEXIO H. JUANES (VILAMEÁN) celebrarase a cuarta Xornada que contará coa presencia do arquitecto Pedro de Llano Cabado que versará a súa intervención sobre: Galicia: A ruptura dunha cultura do territorio.
Cando non hai máis de medio século Galicia contaba cunha paisaxe homoxénea e respectada, comezou un camiño de crecente e tolerada destrución. Desde entón, a evolución da nosa arquitectura do territorio viviu un caótico proceso destrutivo marcado por unha groseira actitude especulativa, controlado só por unhas inoperantes e conservadoras leis e documentos urbanísticos.
Resulta, pois, imprescindible poñer en crise ese marco legal e repensar o futuro da nosa realidade espacial introducindo unha nova visión da organización do territorio galego, considerado no seu conxunto, que nos permita elaborar modelos conceptuais de intervención que posibiliten o seu desenvolvemento, ao tempo que salvagardan a súa particular personalidade.
Continue a ler ‘Galicia: A ruptura dunha cultura do territorio, con Pedro de Llano’
A ordenación do territorio. Os espazos naturais e o patrimonio.
Publicado Quarta-feira, 14 Março 2007 Noticias Leave a CommentO sábado 17 marzo ás 7 da tarde no colexio H. Juanes Vilameán, terá lugar o terceiro acto das Xornadas de Urbanismo de Nigrán có tema A ordenación do territorio. Os espazos naturais e o patrimonio.
As xornadas de urbanismo de Nigrán continúan co seu programa este sábado contado coa intervención de Adela Figueroa, Fernando Lauerta, Xabier Groba e Xose Lois Vilar.
O éxito de participación nas anteriores xornadas, cun salón de actos cheo con preto de 150 persoas é un logro de participación para un acto cidadá como as xornadas.
As tertulias xeras ao redor da temática da xornada, está sendo moi ben acollido polos veciños e veciñas do Val Miñor que se achegan ata o colexio de Vilameán para escoitar outros puntos de vista sobre a xestión do urbanismo no municipio.
Os colectivos organizadores estamos seguros que esta nova xornada será aínda máis atractiva para o público participante xa que darán mostra da riqueza patrimonial, natural, cultural e paixaxística do Val Miñor, e os perigos que padece ou pode padecer por culpa dunha mala xestión do urbanismo.
Continue a ler ‘A ordenación do territorio. Os espazos naturais e o patrimonio.’
Aspectos legais da xestión do solo con Lisardo Núñez Pardo, abodago urbanista.
Publicado Terça-feira, 6 Março 2007 Noticias Leave a Comment
O sábado 10 marzo ás 7 da tarde no colexio público H. Juanes de Vilameán (Nigrán) xornada sobre os “Aspectos legais da xestión do solo” co abogado Lisardo Núñez Pardo Vera.
Lisardo Núñez Pardo de Vera é Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. Realizou cursos de Técnico Inmobiliario; de Dereito Internacional Humanitario; de Aspectos Urbanísticos do Turismo. Participou en Xornadas de Cultura Europea, de Investigación e Innovación Educativa, e na Semana de Medio Ambiente da Universidade de Santiago.
Dicta varios cursos sobre a Lei de Protección de Datos e realiza traballos de xestión do solo. Continue a ler ‘Aspectos legais da xestión do solo con Lisardo Núñez Pardo, abodago urbanista.’
PXOM Nigrán